chantar

< lat plantāre
  1. v t Introducir un obxecto aguzado nun corpo ou nunha superficie.
  2. v t Afundir algo nunha superficie branda. Tm v pron.
  3. v t Atravesar un corpo cun obxecto aguzado de xeito que quede introducido nel. Tm v pron.
  4. v t Introducir involuntariamente un obxecto aguzado nun corpo ou nunha superficie.
  5. v t fam Dicir algo a alguén de forma súpeta e con intención ferinte.
  6. v pron Baterlle a alguén.

Citas

  • As tesoiras caeron e chantáronseme nun pé
  • Chantas o polo no espeto e mételo no forno a lume forte
  • Chanteille catro verdades e quedou coa boca aberta
  • Chantou a agulla no dedo cando estaba a coser o pantalón
  • Chantou a leira para que ninguén pasase
  • Chantoume catro labazadas e non puiden facer nada
  • Chantoume estes paquetes no medio da sala e marchou sen dicir nada
  • Como volvas facer iso, chántote fóra inmediatamente
  • Da póla que chantei saíu unha fermosa roseira
  • Na praia as rodas da bicicleta chántanse na area e non se pode avanzar
  • Non chantes os pés na lama por se logo non os quitas
  • O lobo chantouse nun cepo que había no medio do toxo
  • O tipo chantóuseme diante e non houbo forma de sacalo do medio
  • Xa lle chantara o coitelo ao porco cando de súpeto botou a correr, Chantou os dentes na mazá e arrincou un anaco
Verbo: chantar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

chanto

chantas

chanta

chantamos

chantades

chantan

Copretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

chantaba

chantabas

chantaba

chantabamos

chantabades

chantaban

Pretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

chantei

chantaches

chantou

chantamos

chantastes

chantaron

Antepretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

chantara

chantaras

chantara

chantaramos

chantarades

chantaran

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

chantarei

chantarás

chantará

chantaremos

chantaredes

chantarán

Pospretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

chantaría

chantarías

chantaría

chantariamos

chantariades

chantarían

Subxuntivo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

chante

chantes

chante

chantemos

chantedes

chanten

Imperfecto

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

chantase

chantases

chantase

chantasemos

chantasedes

chantasen

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

chantar

chantares

chantar

chantarmos

chantardes

chantaren

Imperativo

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

-

chanta

-

-

chantade

-

Formas nominais

Infinitivo conxugado

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

chantar

chantares

chantar

chantarmos

chantardes

chantaren

Xerundio

chantando

Participio

chantado

chantada

chantados

chantadas