chancelaría

Plural: chancelarías
  1. s f Cargo ou oficio de chanceler.
  2. s f HIST Oficina que se encarga de expedir ou copiar documentos reais, de dignatarios nobres ou eclesiásticos e dirixida por un chanceler.
  3. s f DER Centro diplomático desde onde se dirixe a política exterior dun estado.
  4. chancelaría apostólica RELIX Oficina ou tribunal da curia romana, que se encarga de expedir as letras apostólicas e as bulas, e da custodia do selo de chumbo e do anel do Pescador.

Palabras veciñas