chamar

< lat clamāre
  1. v t
    1. Facer que unha persoa ou animal atenda ou acuda ao pronunciar o seu nome en voz alta ou facer ruídos e acenos.
    2. Comunicarse ou tentar comunicarse con alguén a través do teléfono.
    3. Facer, utilizando o medio establecido para ese fin, que unha persoa acuda a un lugar determinado.
    4. Accionar o botón que pon en funcionamento o mecanismo dun ascensor.
  2. v t Pedirlle axuda a alguén.
  3. v t
    1. Aplicar un nome ou un sobrenome a alguén ou a algo.
    2. Aplicar a alguén un cualificativo que exprese algún tipo de sentimento.
  4. v t Guiar un animal de tiro polo lugar axeitado.
  5. v t Designar a alguén para ocupar un cargo ou contar cunha persoa para realizar un traballo.
  6. v t Exercer unha cousa atracción sobre unha persoa, animal ou sobre outra cousa.
  7. v i Dar golpes nalgún sitio ou accionar algún mecanismo para pedir permiso para entrar ou para que abran.
  8. v i Causar atracción a alguén unha cousa ou unha persoa.
  9. v pron Ter por nome ou apelido o que se expresa.

Confrontacións

Citas

  • A dor era moi grande e chamou toda a noite por Deus
  • As campás chamaban a xente á misa, Chegoulle unha citación xudicial que o chamaba a declarar no xuízo, Telefonei para chamar unha ambulancia, Chamaron a filas os militares da reserva
  • Chamaba mal os bois e os regos saíanlle tortos
  • Chamábanlles os do Roxo), aínda que tamén admite un pronome de acusativo ( Cando naceron os dous xemelgos chamáronos Pedro e Xoán)
  • Chamei tres veces á porta pero ninguén me escoitaba, Chamou ao timbre e xa lle abriron
  • Chamoulle gordo e non lle gustou nada), aínda que tamén admite un pronome persoal de acusativo ( Chamouno parvo máis dunha vez)
  • Díxenlle que me chamara ao meu móbil, Chamaban o pai todos os días, OBS: Pode empregarse seguido da preposición por (Foi chamar por teléfono)
  • Este asado chama por un bo viño tinto, O pantalón novo chámache por uns zapatos menos rotos
  • Isto chámase roca e aquilo fuso, De nome chámase Carme e de apelido, Vázquez
  • Non me chaman nada as festas do verán
  • O amor nos cancioneiros medievais
  • O artigo chámase
  • O can non lle obedeceu ata que o chamou cun asubío, Por máis que o chamei, non me contestou, OBS: Pode empregarse seguido da preposición por (Chamou polo rapaz para lle levara de comer)
  • O conselleiro chamouno para ocupar o posto de director xeral, Chamouno para realizar a complicada operación
  • Pediulle que o chamara ás sete e media
  • Sempre oín que os cartos chaman os cartos, O mel chama as moscas, A aventura chama os aventureiros
  • Vai saíndo ti e chama o ascensor

Frases feitas

  • Chamarse Xan da nega. Non ser capaz de cumprir o que se prometera.
  • Chamar adiante. Advertencia que se lle fai
  • Chamar dereito. Advertencia que se lle fai
  • Chamar o cabo. Tirar do cabo cara
  • Chamarse a engano un. Enganarse.
  • Chamarse andaina. Non cumprir co que se prometera.
Verbo: chamar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

chamo

chamas

chama

chamamos

chamades

chaman

Copretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

chamaba

chamabas

chamaba

chamabamos

chamabades

chamaban

Pretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

chamei

chamaches

chamou

chamamos

chamastes

chamaron

Antepretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

chamara

chamaras

chamara

chamaramos

chamarades

chamaran

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

chamarei

chamarás

chamará

chamaremos

chamaredes

chamarán

Pospretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

chamaría

chamarías

chamaría

chamariamos

chamariades

chamarían

Subxuntivo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

chame

chames

chame

chamemos

chamedes

chamen

Imperfecto

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

chamase

chamases

chamase

chamasemos

chamasedes

chamasen

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

chamar

chamares

chamar

chamarmos

chamardes

chamaren

Imperativo

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

-

chama

-

-

chamade

-

Formas nominais

Infinitivo conxugado

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

chamar

chamares

chamar

chamarmos

chamardes

chamaren

Xerundio

chamando

Participio

chamado

chamada

chamados

chamadas