cetona

< lat acetu ‘vinagre’
Plural: cetonas
  1. s f QUÍM Substancia orgánica que se caracteriza pola presenza do grupo funcional carbonilo unido a dous radicais hidrocarbonados ou, nas cetonas cíclicas, formando parte dunha cadea alifática pechada.Moitas empréganse como disolventes e en perfumaría.
  2. cetona dipropílica QUÍM Líquido incoloro que se utiliza como disolvente.