cesura

< lat caesŭra ‘corte’, de caedĕre ‘cortar’
Plural: cesuras
  1. s f LIT Pausa obrigatoria no interior dun verso de arte maior que, habitualmente, se sitúa no medio do verso e o separa en dous hemistiquios.
  2. s f MÚS Pausa marcada entre frases musicais por un silencio.

Palabras veciñas