sMamífero ruminante, da familia dos cérvidos, con aspecto áxil, patas longas e delgadas. O pelame adoita ter as partes inferiores máis claras e no traseiro aparécelles unha zona moi clara, baixo unha cola curta. Os machos posúen unha cornamenta ramificada, que se desprende en primavera.
cervo acuático [Hydropotes inermis]Cervo pequeno, sen hastas, pero cuns caninos moi desenvolvidos.
cervo común [Cervus elaphus]Cervo de pelame acastañado arrubiado no verán e acastañado agrisado no inverno.
cervo das pampas [Odocoileus bezoarticus]Cervo que viven en lugares abertos.
cervo do padre David [Elaphurus davidianus]Cervo orixinario de Asia que se estendeu por Europa onde vive sobre todo en catividade.
cervo dos pantanos [Blastocerus dischotomus]Cervo propio dalgunhas rexións de Bolivia, de Paraguay e de Brasil.
cervo sika [Cervus nippon]Cervo de cor acastañada con pintas, coa cabeza máis clara e cunha liña negra ao longo do pescozo e lombo.
cervo virxiniano [Odocoileus virginianus]Cervo de talle mediano, coa hasta curta e moi ramificada que é propio de EE UU.
cervo wapití/uapití/canadense [Cervus canadensis]Cervo cunha cornamenta de ata 1 metro de envergadura e 12 puntas.