cerrar

< lat tadío serāre ‘cerrar con fechadura’, do lat sera ‘ferrollo, fechadura’, con influencia de sera ‘serra’ e serrāre ‘serrar’
  1. v t Encaixar por completo algo que se abre no seu marco ou oco correspondente. Tm v i.
  2. v t Xuntar dúas partes do corpo ou dalgunha cousa articulada por un extremo para que desapareza a súa abertura.
  3. v t Poñer a peza que tapa un obxecto.
  4. v t Asegurar cun mecanismo adecuado algo para impedir que se abra.
  5. v t
    1. Delimitar un lugar de tal modo que quede separado do que o rodea.
    2. Estar algo ou alguén incomunicando un recinto, un edificio ou outro lugar co exterior ou impedindo o paso de algo.
  6. v t Interromper definitiva ou temporalmente a actividade de algo.
  7. v t Dar por rematado e establecido un trato ou un asunto.
  8. v t Rematar un traballo ou realizar a última tarefa del.
  9. v t Ser o último nun acto ou ir en último lugar nunha serie de persoas ou cousas.
  10. v t LING Facer que se aproximen os órganos articulatorios estreitando o paso do aire cando se emite un son.
  11. v i Deixar de exercer unha actividade ou un negocio de maneira temporal ou definitiva.
  12. v i Cicatrizar unha ferida.
  13. v i
    1. Unir as hortalizas as súas follas para formar a cabeza.
    2. Xuntar as flores os seus pétalos.
  14. v i Completar o dentame o gando.
  15. v i MAR
    1. irar ata colocarse na posición exacta para enfilar o rumbo.
    2. Reducir as distancias tanto angulares como lineais.
  16. v pron Quedar as partes de algo xuntas para que non quede espazo entre elas.
  17. v pron Cubrirse o ceo con nubes.

Sinónimos

Antónimos

Confrontacións

Citas

  • A porta no inverno non cerra ou cerra mal, A tapa do bote non cerra ben
  • A reportaxe da festa xa non entrou porque o periódico xa cerrara
  • A vaca que vendían xa cerrara
  • A ventá cerrouse co aire
  • As campaíñas cerran de noite
  • As leitugas aínda non cerraron
  • As tendas no verán cerran por vacacións
  • Cerraron o acordo pola noite
  • Cerráronse as tesoiras ao caeren ao chan
  • Cerrou a axenda cun broche
  • Cerrou a leira onde sementa as cebolas, A cancela cerra a leira
  • Cerrou a porta coa chave e foise
  • Cerrou a tenda e foise da vila, A bolsa cerrou coas maiores perdas do ano, Cerraron as conferencias do curso
  • Cerrou a ventá para que non entrase o ruído, O vento cerrou a porta, Cando cerrou o caixón pillou os dedos
  • Cerrou cun cinco dobre e gañou a partida
  • Cerrou o acto cunha comida
  • Cerrou o día e non se puido ir ao río
  • Cerrou o libro e foi ver a televisión, Cerrou o paraugas cando parou de chover, O médico mandoulle abrir e cerrar moitas veces a man
  • Cerrou o sobre e meteuno na caixa do correo, Cerra o bote da marmelada ao acabares de comer
  • Cerrou os ollos para non ver, O neno cerrou as pernas para dar un salto, Cerra as tesoiras despois de que as uses
  • Cerroulle a ferida cos medicamentos que lle receitaron
  • De momento non cerra ningunha porta para o seu futuro
  • Non te cerres e arregla as cousas por ben
  • Un aplauso cerrou a homenaxe, Cerraba o campionato o equipo italiano, Os abandeirados cerraban a comitiva
  • Un penedo que caera cerraba a entrada da cova, Un garda cerrou a rúa por obras, Cerra a billa da auga cando che mande

Frases feitas

  • Cerrar a boca. Calar.
  • Cerrar o tempo. Finalizar un prazo.
  • Cerrar a chover. Empezar a chover e non parar.
  • Cerrar o ollo. Morrer.
  • Cerrarse de loito. Vestirse completamente de negro en sinal de dor pola morte de algu
Verbo: cerrar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

cerro

cerras

cerra

cerramos

cerrades

cerran

Copretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

cerraba

cerrabas

cerraba

cerrabamos

cerrabades

cerraban

Pretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

cerrei

cerraches

cerrou

cerramos

cerrastes

cerraron

Antepretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

cerrara

cerraras

cerrara

cerraramos

cerrarades

cerraran

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

cerrarei

cerrarás

cerrará

cerraremos

cerraredes

cerrarán

Pospretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

cerraría

cerrarías

cerraría

cerrariamos

cerrariades

cerrarían

Subxuntivo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

cerre

cerres

cerre

cerremos

cerredes

cerren

Imperfecto

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

cerrase

cerrases

cerrase

cerrasemos

cerrasedes

cerrasen

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

cerrar

cerrares

cerrar

cerrarmos

cerrardes

cerraren

Imperativo

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

-

cerra

-

-

cerrade

-

Formas nominais

Infinitivo conxugado

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

cerrar

cerrares

cerrar

cerrarmos

cerrardes

cerraren

Xerundio

cerrando

Participio

cerrado

cerrada

cerrados

cerradas