adhesión

< lat ad + haesione adhaerere ‘estar unido’
Plural: adhesións
  1. s f Acción e efecto de adherir ou adherirse.
  2. s f DER Acto polo que un estado acepta as obrigacións dun tratado concluído por outros estados.
  3. s f FÍS Forza que se opón á separación de dous corpos postos en contacto íntimo e que é debida á atracción mutua das moléculas.
  4. s f QUÍM/FÍS Fenómeno por medio do que dúas superficies se manteñen xuntas por forzas intermoleculares.

Sinónimos

Citas

  • A adhesión a ideas políticas extremistas sempre trae problemas, A adherencia deste pegamento é moi forte