Exame crítico do contido de determinadas obras que asegura que se respectan determinados límites.
Autoridade, tribunal ou organismo encargado de examinar obras sometidas a censura.
sfHIST
Cargo de censor na antiga Roma.
Período de duración no posto dos dous maxistrados que se ocupaban da realización do censo e da vixilancia dos costumes.
sf
Acción de reprender aos demais pola súa conduta ou polas súas obras.
RELIXCondena pública dunha doutrina teolóxica que pronuncia a Igrexa ou un corpo eclesiástico.
DERPena disciplinaria imposta pola Igrexa a individuos que atentan contra os preceptos relixiosos.
censura de contasDERÓrgano de xestión dos administradores das sociedades anónimas que examina a contabilidade para informar á xunta sobre a súa exactitude e veracidade.
moción de censuraPOLÍToto emitido polos deputados dunha asemblea coa intención de mostrar a súa disconformidade coa liña política do goberno.
moción de censura construtivaPOLÍTMoción de censura que debe incluír a proposta dun candidato á presidencia do goberno.