cemento

< lat caementu ‘pedra para construír’
Plural: cementos
  1. s m Material plástico que, mesturado cun líquido, se volve adhesivo e capaz de unir fragmentos ou masas sólidas.
  2. CONSTR
    1. s m Material en po, constituído fundamentalmente por compostos de calcio que, amasado con auga, da a pasta de cemento, que permite a adhesión adecuada de pedras e ladrillos.
    2. cemento armado Formigón que se reforza con varas de ferro para que sexa máis resistente.
  3. s m XEOL Substancia sólida que se estabiliza entre as partículas dun solo.
  4. s m XEOL Materia mineral, precipitada quimicamente nos espazos intergranulares dunha rocha sedimentaria detrítica.
  5. s m TECNOL/IND Substancia que se emprega para a cementación dun metal.
  6. s m ZOOL Substancia dura que recobre a dentina da raíz dos dentes.
  7. s m ARQUIT Pedra sen labrar ou partículas de mármore, segundo o tratado arquitectónico de Vitrubio.

Citas

  • O dentista tivo que lle encher a moa con cemento para conservarlla