< lat zelu gr ζ ῆ λος ‘coidado e dilixencia coa que se fai algo’
Plural:celos
sm
Coidado que se pon no cumprimento das obrigas.
Interese en favor dunha persoa, dunha idea ou dunha causa.
smZOOL
Excitación sexual periódica que se manifesta, sobre todo, nos vertebrados, principalmente nas femias, e que coincide co período de estro do ciclo ovárico.
Época en que están neste estado.
sm plPSIC
Sentimento receloso do que teme que outra persoa poida ser preferida a un mesmo.
Enveza que se ten de que un competidor goce dalgunha cousa que un desexa.
Citas
Defendeu as súas ideas políticas con moito celo
Este ano á gata duroulle pouco o celo
Fixo o traballo con moito celo, Sempre pon moito celo cando ten que coidar o meniño
No agosto tivemos que levar a cabra ao macho porque estaba en celo
Sempre lle daba celos co seu mellor amigo, Morría de celos porque agora tiña un novo irmán
Tiña moitos celos do corredor que chegara en primeiro lugar
Refráns
Amor e celos, irmáns xemelos.
Onde hai celeira, hai amor, hai dor e hai rabieira.