cela

< lat cella ‘despensa, adega, habitación’
Plural: celas
  1. s f Cámara ou dormitorio individual e de pequenas dimensións dun convento, colexio ou cárcere.
  2. s f ENTOM Pequeno compartimento das entenas que constrúen algúns himenópteros no seu interior, e que amais de servir como almacén, críanse as larvas.
  3. s f AERON Conxunto formado pola fuselaxe, as ás e as empenaxes dun avión, desprovisto de motores.
  4. s f BOT Pequeno compartimento dunha antera, dun ovario, dun esporanxio e doutras estruturas vexetais.
  5. s f FÍS Elemento básico dunha rede cristalina, que a pode xerar por translación.
  6. s f ENTOM Zona das ás dos insectos delimitada por nervios.
  7. s f Pequeno mosteiro independente da Alta Idade Media, ligado ao bispo ou ao señor do lugar.
  8. s f FÍS Elemento de volume do espazo físico.
  9. s f INFORM Unidade de información que forma un bloque de construción dun mapa, dunha base de datos ou dunha folla de cálculo.
  10. cela electroquímica FÍS/QUÍM Dispositivo en que se consegue que teña lugar unha reacción química grazas ao abastecemento de enerxía eléctrica ou no que se produce enerxía eléctrica a partir de enerxía liberada por unha reacción química que ocorre espontaneamente.

Sinónimos