sfDocumento de estrutura simple en que se recolle ou notifica un aviso, unha orde de comparecencia, un compromiso de pagamento ou datos persoais.
cédula persoalDERDocumento oficial de identidade creado en 1874 en España, en que se expresaban os datos persoais e se obtiña tras o pago dun imposto.
cédula realHISTDespacho expedido polo rei ou por un consello ou tribunal superior no seu nome, polo que se promulgaba unha lei ou se concedía unha graza ou privilexio.
cédula testamentariaDERcodicilo.
cédula xudicialDERComunicación escrita dun tribunal pola que se convoca unha dilixencia ou se sinala un prazo para comparecer nun proceso.
cédula hipotecariaECONObrigación emitida polo Banco Hipotecario de España ou por calquera outra entidade de crédito autorizada, garantida polos préstamos hipotecarios inscritos a favor da entidade emisora.