cebra

< lat v *ecĭfĕru lat equĭfĕru ‘cabalo salvaxe’
Plural: cebras
  1. s f ANIMAL Équido de orixe africana que presenta un pelame claro con franxas transversais escuras, o pescozo groso, a crina curta e recta e a cabeza grande e pesada. O deseño do pelame dificulta aos dípteros hematófagos a detección das cebras cando se desprazan en grupos con outras especies.