cebola

< lat cepŭlla, dim de cēpa ‘cebola’
Plural: cebolas
  1. s f PLANTA Planta herbácea, da familia das liliáceas, que presenta un bulbo grande, de forma ovoide, redondo ou deprimido segundo as variedades. Cando se corta o bulbo desprende un aceite volátil sulfurado que provoca a produción de lágrimas por irritación da conxuntiva.
  2. s f BOT Bulbo comestible da planta do mesmo nome.
  3. cebola azucena/de santo Antonio PLANTA Planta medicinal da horta que serve de antídoto contra o veleno e que rebenta tumores.
  4. cebola das gaivotas/do mar PLANTA Planta herbácea, da familia das liliáceas, que presenta un bulbo de gran tamaño.
  5. cebola de Ascalón PLANTA Herba perenne, da familia das liliáceas que no exterior presenta unha cuberta vermella.
  6. cebola do monte BOT Cebola pequena que aínda non chegou ao pleno desenvolvemento.
  7. cebola macho BOT Cebola cos bulbos moi pequenos.

Sinónimos

Citas

  • Trouxen unhas cebolas de xacinto para plantar

Frases feitas

  • Estar de cebola. Estar sen traballo ou sen clientes un negocio.

Refráns

  • Dixo a cebola con soma: Pola santa Mariña déixame a porretiña.