cazo

< lat tardío cattĭa ‘taza’?
Plural: cazos
  1. s m Recipiente de cociña cun mango longo que se emprega para quentar líquidos.
  2. s m asilla metálica semiesférica ou cilíndrica dotada dun mango longo, que usualmente remata nun gancho, utilizado para transvasar líquidos dun recipiente para outro.
  3. s m Recipiente con buracos no fondo que se emprega para asar castañas.
  4. s m ZOOL Contido do encefalotórax dalgúns mariscos crustáceos, como a centola ou o boi.

Sinónimos

Citas

  • Botoulle tres cazos de caldo no prato
  • Todas as mañás quenta o leite no cazo

Frases feitas

  • Mangar o cazo. Non facer nada.