cavernoso -sa

< lat cavernosu
Plural: cavernosos Masculino: cavernoso Masculino plural: cavernosos Feminino: cavernosa Feminino plural: cavernosas
  1. adx Relativo ou pertencente á caverna.
  2. adx Que está cheo de cavernas.
  3. adx Aplícase á voz ou a calquera outro son humano que soa rouco.
  4. corpo cavernoso ANAT Cada unha das dúas columnas eréctiles situadas no dorso do pene, no clítoris e ao redor da uretra anterior masculina.
  5. seo cavernoso ANAT Cada un dos dous sacos venosos situados a cada banda da sela turca.

Citas

  • Foi ao médico porque ten unha tose cavernosa
  • Neste cuarto hai unha humidade cavernosa
  • Visitamos un lugar cavernoso

Palabras veciñas