causa

< lat causa
Plural: causas
    1. s f Aquilo que ten como consecuencia un determinado suceso ou cousa.
    2. s f Aquilo que explica a aparición dunha cousa.
    3. s f FILOS Aquilo que explica a existencia ou o cambio dunha cousa que se denomina efecto.
    4. teoría das causas actuais XEOL Teoría que basea a explicación dos fenómenos xeolóxicos antigos nas mesmas causas que producen os actuais.
  1. s f DER Proceso xudicial.
  2. s f DER Tramitación dunha acusación contra alguén que determina a culpabilidade e a sanción por parte dun tribunal.

Citas

  • A causa da denuncia foi a información falsa reflectida na prensa
  • A doenza do seu home foi a causa do seu regreso inesperado
  • A medicina estase achegando ás causas da SIDA
  • Aínda non sabemos en que sala do xulgado se vai desenvolver a causa
  • Notificáronme que a causa xa está instruída
  • Sempre defendeu a causa dos traballadores

Frases feitas

  • A causa de/por causa (de) loc prep

Refráns

  • Neste mundo non hai cousa que non teña o seu porqué.