caudal

< lat capitāle ‘capital’
Plural: caudais
  1. s m Cantidade de auga dunha corrente.
  2. s m FÍS Magnitude que expresa a cantidade de fluído que, por unidade de tempo, atravesa unha sección do conduto polo que circula.
  3. caudal cardíaco FISIOL olume de sangue impulsado por un ventrículo durante un minuto.
  4. caudal sólido XEOL Cantidade de materiais sólidos que atravesan a sección dun curso de auga durante unha unidade de tempo.
  5. caudal urinario FISIOL olume de ouriños excretados nun tempo determinado.

Citas

  • O caudal do regato triplicouse desde o mes pasado debido ás intensas chuvias que houbo