cátedra

< lat cathĕdra ‘cadeira’ gr κα ϴ έδρα ‘asento’
Plural: cátedras
  1. s f Asento colocado nunha plataforma ou púlpito, desde onde os profesores lían ou explicaban maxistralmente unha ciencia ou unha arte aos seus alumnos.
  2. s f Cargo que exerce un catedrático.
  3. s f Disciplina que é obxecto de estudo e investigación na universidade, recoñecida oficialmente e dirixida por un catedrático.
  4. s f RELIX Asento con espaldeira ou dosel, ocupado polo bispo no presbiterio. É o símbolo do maxisterio oficial da Igrexa.
  5. s f RELIX Cargo ou dignidade pontificia ou episcopal.
  6. cátedra de san Pedro RELIX Monumento de bronce, situado na igrexa de San Pedro, onde se presupón que sentou este apóstolo.

Citas

  • A cátedra de medicina deu a coñecer as novas investigacións sobre a enfermidade
  • Desempeña a cátedra dende hai moitos anos