castor

< lat castor
Plural: castores
  1. ANIMAL
    1. s m Mamífero acuático do xénero Castor, da familia dos castóridos. Ten o corpo groso, cuberto dun pelame ríxido. Posúe dous grandes dentes incisivos. As extremidades anteriores permiten que o animal teña unha gran capacidade de manipulación mentres que as posteriores son máis fortes con membranas interdixitais. Aliméntanse, fundamentalmente, de cortizas e de pólas novas.
    2. castor de montaña [Aplodontia rufa] Roedor da familia dos aplodóntidos, repoludo e de ollos pequenos, con patas pentadáctilas de uñas longas e cunha cola pequena cuberta de pelos longos. De hábitos nocturnos, constrúe o tobo preto da auga onde amorea alimento para o inverno.
  2. s m Pel deste animal.