castelanismo

< castelán
Plural: castelanismos
  1. s m LING Elemento lingüístico orixinario do castelán e transferido a outra lingua. Pode constatarse nos diferentes planos lingüísticos: fónico, ortográfico, morfosintáctico, fraseolóxico, semántico e, sobre todo, léxico.