castelán -lá

Plural: casteláns Masculino: castelán Masculino plural: casteláns Feminino: castelá Feminino plural: castelás
  1. adx Relativo ou pertencente a Castela ou aos seus habitantes.
  2. s Natural ou habitante de Castela.
  3. s m LING Lingua románica, do subgrupo iberorrománico, orixinaria de Castela. É a lingua oficial de Arxentina, Colombia, Costa Rica, Cuba, Chile, Ecuador, España, Guatemala, Honduras, México, Nicaragua, Panamá,, República Dominicana, El Salvador, Uruguay e Venezuela. Comparte a oficialidade en Paraguay, Bolivia, Perú, Puerto Rico e Guinea Ecuatorial. Dentro do territorio español o castelán comparte o estatuto de lingua oficial nas comunidades autónomas de Galicia, Catalunya, València, Illes Balears, Nafarroa e Euskadi. Presenta como variedades dialectais o andaluz, o estremeño, o murciano, o canario e as variedades do castelán faladas en América.
  4. s HIST Persoa que na época medieval tiña o goberno, a defensa e a xurisdición dun castelo en dominio útil e posesión inmediata, ben en nome do seu señor, no territorio dunha baronía, ou ben do soberano nos dominios reais.
  5. s m NUMIS Moeda de ouro que foi cuñada en Castela durante a Idade Media.