casa mortuoria/do defuntoCasa na que morreu algunha persoa e desde onde sae o enterro.
casa reitoralCasa da parroquia destinada a vivenda do párroco.
sfEdificio destinado a un uso público determinado ou a un uso privado que non sexa vivir nel.
casa da moedaceca.
casa de citas/prostitución/putasEstablecemento onde se exerce a prostitución.
casa de Deus/do SeñorTemplo dedicado ao culto relixioso cristián.
casa de hóspedesEstablecemento no que, a cambio dun determinado prezo, se ofrece hospedaxe e, ás veces, tamén manutención. OBS: Tamén se denomina pousada.
casa de postasLugar no que descansaban e se abastecían as cabalarías, os correos ou os viaxeiros nos desprazamentos de longa distancia.
casa de préstamos/empeñosEstablecemento onde se prestan cartos deixando a cambio obxectos de valor como garantía.
casa consistorial/do concelloEdificio onde se reúne a corporación municipal e que serve de sede principal dos seus órganos administrativos.
sfInstitución fundada para realizar unha determinada tarefa ou para prestar un servizo público e social.
casa berceAlbergue onde se recollen e se lles dá aloxamento aos nenos orfos.
casa de acollidaCentro, no que se ofrece protección, aloxamento e asesoramento xurídico, para mulleres que sufriron malos tratos e que se atopan indefensas e desprotexidas.
casa de beneficenciaCentro no que se presta axuda a xente con necesidades económicas ou doutro tipo.
casa de culturaInstitución municipal de cultura constituída xeralmente por un edificio independente que recolle diferentes institucións culturais.
casa de socorroInstitución de asistencia médica para accidentados.
sf
Empresa ou establecemento dedicado ao comercio.
Delegación que posúen as empresas en diferentes lugares.
HIST
sfEntidade histórica ligada a un territorio e á liñaxe dun rei ou dun nobre e aos membros da súa familia.
casa patrucialCasa de labranza ou casa adscrita a un terreo rústico, sede dunha liñaxe organizada como unidade de explotación rural, cun patrimonio importante acumulado ao longo de xeracións e conservado grazas á institución do herdeiro, que tende a ser economicamente autosuficiente.
sfCada unha das subdivisións cuadrangulares dalgúns papeis, documentos ou táboas, destinadas a conter algunha información.
sfXOGO
Divisións que hai nos taboleiros de determinados xogos.
Lugar onde se está protexido fronte a unha acción dun contrincante en determinados xogos.
sfEnvoltura dura e ríxida dun animal, que lle serve de protección, como a de natureza calcaria dos caracois ou a ósea das tartarugas.
casa celesteASTRONCada unha das doce partes nas que se considera que está dividido o ceo.