cartulario

< lat tardío chartularĭu lat chartŭla ‘escritura pública’
Plural: cartularios
  1. s m ARQUIV Libro que reúne unha serie de documentos e copias de documentos relativos a un dominio civil ou eclesiástico, e que ten como función conservar e facilitar a consulta dos privilexios, títulos e dereitos dominicais dunha entidade xurídica ou dunha familia.
  2. s m HIST
    1. Arquiveiro palatino que no Imperio Romano de Oriente tiña ao seu cargo a conservación dos documentos públicos.
    2. Funcionario civil ou eclesiático, que en Italia se encargaba da conservación dos documentos públicos e que actuaba tamén como notario.