carteira

< carta
Plural: carteiras
  1. s f Utensilio de material flexible, provisto no seu interior de compartimentos para gardar billetes, moedas, tarxetas ou documentación.
  2. s f Bolsa de cartón, coiro, plástico ou doutro material, con tapa e xeralmente con asa, que serve para levar libros, cadernos, papeis ou obxectos semellantes.
  3. POLÍT
    1. s f Cargo e funcións dun ministro.
    2. ministro sen carteira Persoa que forma parte do goberno coa categoría de ministro, pero que non ten ao seu cargo ningún ministerio.
  4. s f
    1. ECON Conxunto de valores e outros efectos comerciais que forman parte do activo dunha empresa ou dun banco.
    2. Conxunto de contratas ou pólizas de seguros e de operacións de reaseguramento.

Sinónimos

Confrontacións

Citas

  • A calquera comercial do sector lle gustaría ter a súa carteira
  • A carteira de valores dese banco é a que máis oportunidades de negocio ofrece
  • Creo que teño os seus datos nunha tarxeta na carteira
  • Leva os libros ao colexio nunha carteira amarela, Comprou unha carteira para non andar cos papeis na man
  • O anterior presidente do país agora leva a carteira de economía e facenda