sfComunicación escrita, xeralmente pechada, enviada por unha persoa a outra.
carta abertaCarta enviada a un particular e que se fai pública simultaneamente para o coñecemento de todo o mundo, xeralmente a través dun medio de comunicación.
carta certificadaCarta que se entrega nunha oficina de correos pagando o selo correspondente e cubrindo un xustificante que obriga á empresa receptora a probar que chegou ao seu destino, a devolvela se non se atopa o destinatario ou a pagar unha determinada indemnización en caso de extravío.
sfXOGOFolla rectangular de cartolina con figuras pintadas nun dos lados, que forma parte dun conxunto de 48 a 52 elementos divididos en catro series ou paus.
sfDocumento que acredita determinados dereitos ou servizos para a identificación persoal con validez oficial.
sfMapa no que se representan determinadas características xeográficas e atmosféricas cun fin orientativo.
carta aeronáuticaAERONMapa deseñado especialmente para o uso da navegación aérea.
carta celesteASTRONRepresentación que se fai nun plano das estrelas e dos elementos máis importantes da esfera celeste.
carta do tempoMETEORCarta ou mapa nos que se representan os datos e as análises que describen o estado da atmosfera sobre unha grande área nun momento determinado.
carta magnéticaXEOGMapa no que se representan as características magnéticas dunha zona determinada.
carta mariña/de marear/náutica/de navegaciónMARMapa destinado principalmente aos navegantes, no que se describe a costa, a localización dos escollos ou elementos perigosos para a navegación e que ofrece referencias do fondo mariño e dos sinais que poden servir de guía ao bordear a costa ou penetrar nun porto.
sfLista impresa dos pratos e bebidas que se poden consumir nun establecemento de hostalaría.
sfARQUIV
Calquera documento, título ou contrato escrito.
Diploma ou acta solemne.
HIST
sfDocumento polo que o rei ou un nobre recoñecía certos privilexios ou facía constancia dunha doazón.
carta de coutoDocumento emanado da Corte castelá-leonesa durante o s XII, polo que o rei concede a un señor, normalmente un mosteiro, unha serie de dereitos sobre un territorio e os seus habitantes, que consisten en prestacións persoais e económicas.
carta de poboamentoDocumento no que se recolle a concesión outorgada polo monarca ou polo señor dunhas terras despoboadas aos novos habitantes dun lugar, e que regula e establece as normas e condicións polas que se rexerá a vida xurídica da comunidade no futuro.
carta foralDocumento propio dos reinos hispánicos medievais, que xurdiu a partir do s XI, e polo que o rei concedía aos concellos o dominio dun amplo territorio e acordaba con eles as condicións de participación no seu repoboamento.
carta fundacionalDocumento polo que, xeralmente o rei, recoñecía a fundación dun mosteiro ou igrexa, acompañado dunha enumeración dos bens que pertencían á institución e dos membros que a compoñían nese momento.
RELIX
carta apostólicaCarta emanada do papa como persoa pública.
carta pastoralEscrito de exhortación, consello ou información que o bispo envía á clerecía ou ao pobo da súa diocese.
DER
carta credencialDocumento que recibe un embaixador ou ministro para que sexa oficialmente recoñecido.
carta municipal/provincialRéxime xurídico especial de carácter organizativo e económico que pode conceder o Estado aos concellos ou ás deputacións.
ECON
carta de despedimentoDocumento polo que o empresario notifica a un traballador que vai ser despedido do seu posto de traballo, e no que se inclúen as razóns do mesmo e a data da súa entrada en vigor.
carta de pagamentoDocumento no que o acredor confesa recibir do debedor a cantidade debida.
POLÍT
sfDeclaración programática e fundamental de principios xerais.
carta magnaconstitución.
carta outorgadaDocumento constitucional concedido por un monarca sen intervención das cámaras representativas.
carta de axusteCOMUNDebuxo que aparece nos canais de televisión para comprobar a calidade da imaxe, formado por figuras xeométricas, bandas e liñas de diferentes cores.