carroza

< ital carrozza lat carru ‘carro’
Plural: carrozas
  1. s f Coche de cerimonia de catro rodas, tirado por cabalos e con suspensión sobre resortes, que ten diante da caixa un asento elevado para o cocheiro e, ás veces, un relanzo detrás para os lacaios.
  2. s f Carruaxe engalanada con motivos reais ou fantásticos, xeralmente utilizada en desfiles festivos.
  3. s f MAR Carcasa de ferro ou madeira que sostén unha lona que se emprega para protexer da intemperie algunha parte da embarcación.

Citas

  • Durante o Entroido desfilan as carrozas das comparsas pola vila
  • Era un auténtico carroza e só lle gustaba a música dos sesenta