carraxe

< fr courage lat cor ‘corazón’
Plural: carraxes
  1. s f Irritación do ánimo dunha persoa a causa dalgún acontecemento adverso.
  2. s f Ímpeto para levar a cabo unha empresa sen temer as dificultades ou perigos que se poidan encontrar.

Confrontacións

Citas

  • Estraguei o coche a semana pasada e non podo evitar sentir esta carraxe
  • Resolveu o conflicto con moita carraxe

Frases feitas

  • Arder de carraxe. Estar moi incomodado.