carrasca

< raíz preindoeuropea carr-
Plural: carrascas
  1. s f PLANTA Árbore de pequeno porte que pertence a distintas especies e presenta follas de pequeno tamaño e coriáceas, como as aciñeiras ou as oliveiras.
  2. s f PLANTA Planta de porte herbáceo ou arbustivo que presenta unha aparencia densa, con follas pequenas e duras como as silbardas e as queiroas.
  3. s f PROTISTA Alga que presenta talos estreitos, ramificados e ásperos ou coriáceos, como as que pertencen aos xéneros Cladophora e Halidrys.
  4. carrasca de san Xoán PLANTA Planta perenne dos xéneros Helichrysum ou Otanthus, da familia das asteráceas, de capítulos de pequenas flores amarelas dispostos en corimbos.

Sinónimos