carpinteiro -ra

< lat carpentarĭu ‘fabricante de carros’
Plural: carpinteiros Masculino: carpinteiro Masculino plural: carpinteiros Feminino: carpinteira Feminino plural: carpinteiras
  1. s Persoa que ten como oficio o traballo da madeira.
  2. verme carpinteiro ANIMAL/ENTOM Larva de certos coleópteros e himenópteros da familia dos sirícidos, que se alimenta de madeira.

Refráns

  • A boa madeira quere o bo oficial.
  • Na casa do ferreiro, coitelo de pau; e na do carpinteiro, sentarse no chau.

Palabras veciñas