carozo

< lat v carudĭu gr κάρυον ‘noz’
Plural: carozos
  1. s m Parte interior que queda da espiga do millo logo de quitarlle os grans.
  2. s m Corazón das froitas que non teñen carabuña.
  3. s m Furuncho no pescozo.
  4. bicho carozo ANIMAL/ENTOM Denominación popular que reciben as larvas e as femias ápteras dos vagalumes.

Confrontacións

Citas

  • Bota algún carozo máis no lume para avivalo
  • Déronlles os carozos ás vacas
  • Leva toda a tarde na horta recollendo carozos
  • Tiroulles o carozo da pera ás galiñas

Frases feitas

  • A fume/lume de carozo. Con moita rapidez.

Palabras veciñas