carnaval

< ital carnevale lat carne levāre ‘quitar a carne’
Plural: carnavais
  1. s m Período de tres días que precede á Coresma.
  2. s m Festa popular, celebrada neste período, que se caracteriza polas máscaras, bailes e as comidas tradicionais. Ten a súa orixe nas antigas bacanais.
  3. s m ANIMAL/ICT Peixe, da familia dos traquitínidos, que presenta unha cor rosa pálida, con reflexos irisados.

Sinónimos

Citas

  • Este ano decidimos ir ao carnaval de Venecia
  • Polo carnaval sempre facemos orellas