sm plOrde mendicante que tivo a súa orixe nun grupo de eremitas establecidos a mediados do s XII no monte Carmelo. A súa regra foi redactada en 1209 e confirmada por Honorio III en 1226.
carmelitas da caridadeCongregación relixiosa feminina dedicada á beneficencia e ao ensino. Foi fundada en Vic en 1826 por santa Xoaquina de Vedruna e polo capuchino Esteve d’Olot.
carmelitas descalzos/ reformadosRama da orde carmelita xurdida a partir da reforma levada a cabo por santa Tareixa de Xesús e san Xoán da Cruz a partir de 1562, tanto nos conventos masculinos coma nos femininos.