acumulación

< acumular
Plural: acumulacións
  1. s f Acción e efecto de acumular ou acumularse.
  2. s f ECON Proceso de transformación dunha parte da plusvalía en capital, que constitúe a forza motriz do desenvolvemento capitalista.
  3. s f QUÍM/MED Persistencia no organismo dos efectos de determinados medicamentos.
  4. s f XEOG Depósito de materiais sedimentosos producidos pola erosión.
  5. punto de acumulación MAT Punto non illado que pertence á adherencia dun conxunto de puntos.

Citas

  • A acumulación de area nas praias deu lugar ás dunas
  • No faiado había unha enorme acumulación de po e de trastos vellos