Líquido pastoso de cor marrón escura, con olor a azucre queimado, soluble en auga e alcohol diluído, que se obtén mediante o quentamento da sacarosa ou glicosa, engadindo pequenas cantidades dun álcali.
Alimento de formas moi diversas que está formado por unha pasta de azucre, glicosa e outros ingredientes concentrados mediante calor que, unha vez fríos, endurecen sen cristalizar.