carallán

< carallo
Plural: caralláns
  1. adx   Que lle gusta andar de festa. Tm s.
  2. adx   Que toma as cousas a broma e é pouco formal e respectuoso. Tm s.
  3. s m FUNGO Fungo, da familia das faláceas, similar a un ovo branco, do que xorde un receptáculo branco e oco, que na parte apical ten un engrosamento onde se sitúa a gleba viscosa, de cor negra verdosa e de cheiro pútrido.

Citas

  • Anda todas as noites de carallán nos bares da vila
  • É un carallán, e non podes contar con el para nada

Palabras veciñas