caraíta

< hebr qara’ī
Plural: caraítas
  1. adx Relativo ou pertencente aos caraítas.
  2. s RELIX Membro da seita caraíta.
  3. s m pl RELIX Seita xudía de orixe persa (s VIII), que proclama a libre interpretación da Biblia e rexeita a tradición rabínica e oral, e que desde o s XIX habita en Rusia, Ucraína, Lituania e Israel.