caracocha

< carocha
Plural: caracochas
  1. s f BOT Tronco dunha árbore vella que aparece furado como consecuencia da desaparición da parte leñosa.
  2. s f BOT Bráctea que cobre a mazaroca do millo.

Citas

  • Fomos ao monte á leña e non atopamos máis ca unha vella caracocha de castiñeiro
  • Non era nada doado sacarlle as caracochas ás espigas que tiñamos que esfollar