capuchino -na

Plural: capuchinos Masculino: capuchino Masculino plural: capuchinos Feminino: capuchina Feminino plural: capuchinas
  1. RELIX
    1. adx Relativo ou pertencente aos capuchinos ou á súa orde.
    2. s Membro dunha das diversas ordes inspiradas na regra dos franciscanos, reformada por Matteo di Bassi ou da Bascio (1495-1552).
    3. s f pl Orde inspirada na regra dos franciscanos que propugnaba o retorno ao primitivo espírito franciscano de pobreza integral e liberdade de prédica, aprobada por Clemente VII en 1528.
  2. s m ANIMAL Primate, da familia dos cébidos, que presenta o pelame de cor castaña e os bordos da cara e do pescozo brancos.

Palabras veciñas