capitulación

< lat capitulatĭōne
Plural: capitulacións
  1. s f Acción e efecto de capitular.
  2. BÉL
    1. s f Convenio militar que pon fin á resistencia dunha tropa sitiada nunha praza fortificada ou rodeada en campo aberto, no que se establece o trato que teñen que recibir oficiais e sodados.
    2. capitulación incondicional Capitulación na que as forzas gañadoras se consideran libres de calquera compromiso de tipo xurídico respecto aos vencidos.
  3. capitulación imperial HIST Cada unha das disposicións que o emperador do Sacro Imperio xuraba, unha vez elixido, confirmando as soberanías dos príncipes electores.
  4. capitulacións matrimoniais DER Contrato ou condicións relativas ao matrimonio que se estipulan por escrito entre as partes.

Palabras veciñas