capela

< lat *cappella, dim de cappa ‘capa’
Plural: capelas
  1. ARQUIT
    1. s f Igrexa pequena, polo xeral cun só altar, anexa a un establecemento relixioso ou segrar.
    2. s f Departamento dunha igrexa onde hai un altar, que non é o principal.
    3. capela absidial Capela que se abre na ábsida, normalmente nunha absidiola.
    4. capela lateral Capela situada aos lados da capela maior, no cruceiro ou nas naves laterais.
    5. capela maior Capela principal dunha igrexa que está situada no eixe central da mesma, no lugar do altar maior e do presbiterio.
    6. capela nicho/fornelo Capela que se abre nas naves laterais e que adoita ser abovedada.
    7. capela real Igrexa que formaba parte dos palacios reais en toda a Europa medieval e onde se celebraban os actos relixiosos da corte.
  2. s f Lugar destinado ao culto e situado nun palacio, casa, convento, escola, comunidade privada ou nun edificio similar, e que non ten a plenitude de dereitos dunha igrexa parroquial.
  3. RELIX
    1. s f p ext Conxunto de cregos dedicados ao servizo relixioso nun palacio ou noutro lugar non público.
    2. capela pontificia Unha das dúas seccións da casa pontificia integrada por eclesiásticos e leigos ao servizo do papa nas súas funcións relixiosas.
  4. MÚS
    1. s f Conxunto de músicos, cantores e instrumentistas, ao servizo da capela dun soberano ou dunha igrexa.
    2. mestre de capela Director do corpo de músicos dunha igrexa ou catedral.
  5. s f
    1. La que se tira do carneiro ou da ovella cando se rapan.
    2. Especie de manta que se forma con esa la despois de cardala.
  6. capela do ollo ZOOL pálpebra.
  7. capela papal RELIX Función litúrxica solemne celebrada polo papa ou co cerimonial papal.

Sinónimos

Confrontacións

Citas

  • Caeulle a capela da ferida e agora bota sangue, Hai tempo que che botei as papas no prato e xa teñen capela, Cunha copa de colmo fixemos unha capela para colocarlle ao palleiro
  • Os cabaleiros medievais adoitaban orar na capela do castelo antes de saír na procura de aventuras

Frases feitas

  • Estar en capela. Esperar o inicio de algo que est

Palabras veciñas