capataz

< lat caput, -ĭtis ‘cabeza’
Plural: capataces
  1. s Persoa encargada de vixiar ou dirixir o traballo dun grupo de obreiros.
  2. s Persoa que ten ao seu cargo unha explotación agrícola.
  3. capataz agrícola Titulado de grao inferior de estudos agrícolas, auxiliar dos enxeñeiros agrónomos e dos de montes.

Citas

  • Durante o tempo que estivo emigrado foi capataz en Arxentina
  • O capataz da obra non nos soubo dicir cánto tempo ían tardar en rematala