caos

< lat chaos gr χάος ‘confusión’
Plural: caoses
  1. s m FILOS Estado de confusión dos elementos anteriores á organización do mundo, contrario ao cosmos ou mundo delimitado e ordenado.
  2. s m Confusión e desorde completa en calquera cousa ou situación.
  3. s m XEOG Amoreamento confuso de bloques de rochas que aparece xeralmente ao pé das vertentes abruptas.
  4. caos determinista FÍS Explicación de certos fenómenos físicos que dá lugar a dous aspectos teoricamente contraditorios: a imprevisión dos fenómenos caóticos e o determinismo.

Confrontacións

Citas

  • O incendio creou un caos no colexio e os nenos non sabían saír do edificio