cangrexo

Plural: cangrexos
  1. s m ANIMAL Crustáceo da orde dos decápodos, caracterizado por rematarlle o primeiro par de patas nunhas pinzas máis ou menos desenvolvidas.
  2. cangrexo araña ANIMAL Cangrexo de patas longas e corpo triangular, co dorso provisto de espiñas reviradas, onde moitas especies fixan anacos de algas ou esponxas para aumentar o deseño críptico.
  3. cangrexo común ANIMAL Cangrexo de cuncha hexagonal con cinco dentes nas marxes, de cor verde ou castaña, que vive en praias e fondos areosos das zonas internas das rías.
  4. cangrexo de mar ANIMAL Cangrexo de constitución forte, abdome reducido baixo o cefalotórax e antenas curtas, que habita en medios mariños.
  5. cangrexo de río ANIMAL Cangrexo de corpo estreito e abdome longo, que habita nos ríos.
  6. cangrexo de santo Antón/mulieiro ANIMAL Cangrexo de antenas e ollos moi separados que presenta 3 dentes agudos nas marxes da cuncha cuadrangular, de cor verde con pintas castañas escuras.
  7. cangrexo peregrino/ermitán ANIMAL Cangrexo  anomuro, de abdome con exoesqueleto mol, que se protexe no interior dunha cuncha de gasterópodo baleira.
  8. cangrexo real ANIMAL Crustáceo malacostráceo da orde dos decápodos, que presenta cuncha de cor vermella intensa e o abdome moi reducido, pregado baixo o cefalotórax nos machos e ovado, pequeno, estreito e delgado nas femias.
  9. cangrexo violinista ANIMAL Cangrexo do xénero Uca, caracterizado por presentar os machos unha pinza de gran tamaño e unha cor viva.