canga

< céltico *cambica ‘torto, curvo’
Plural: cangas
  1. s f Peza de madeira onde vai introducida ou suxeita a cabeza dun animal de tiro para suxeitalo ao carro ou ao arado.
  2. s f Pau que se pon atravesado ao pescozo dalgúns animais que andan ceibos para que non poidan pasar duns terreos a outros ou por lugares estreitos.
  3. s f Peza de madeira que vai atravesada nos fungueiros dianteiros dun carro ou que se coloca na parte dianteira da cheda, para suxeitar a carga e impedir que caia sobre os animais.

Sinónimos

Confrontacións

Citas

  • Co temporal que houbo caeron árbores formando cangas nos carreiros do monte
  • Explicáronme a maneira de colocar a canga ao boi para que poida tirar do carro
  • O porco quedou atrancado coa canga nese valo

Frases feitas

  • Andar coa canga baixa/abaixada. Estar baixo de moral ou avergo