canelo

< 1 canela
Plural: canelos
  1. s m BOT Talo das plantas herbáceas, especialmente o do toxo e o da col.
  2. s m Ferradura que se lle pon ao gando bovino que ten o casco brando.
  3. s m Peza de metal con forma de cilindro na que se enrola o fío que se emprega nas máquinas de coser ou no tear.
  4. s m Regalo de pezas de pan de trigo por motivo dun casamento.

Confrontacións

Citas

  • O canelo que quedaba boteino no cocido