actuación

< actuar
Plural: actuacións
  1. s f Acción e efecto de actuar.
  2. s f DER Conxunto de actos e documentos que integran a tramitación dun procedemento xudicial, dun expediente administrativo ou semellantes.
  3. s f LING Comportamento lingüístico dun grupo de falantes.
  4. actuación externa MED/PSIC
    1. Paso impulsivo dunha representación mental a un acto.
    2. Conduta impulsiva e de motivación inconsciente, onde un contido reprimido toma forma de acto.

Citas

  • O avogado tivo unha actuación brillante diante do xurado

Palabras veciñas