canada

< 1 cana ‘recipiente’
Plural: canadas
  1. s f Recipiente cilíndrico, xeralmente de madeira ou latón, con asa e bico, empregado especialmente para recoller o leite muxido das vacas.
  2. s f METROL
    1. Medida de capacidade para líquidos que equivale xeralmente a catro litros.
    2. Cantidade de líquido que pode conter unha canada.
  3. s f Caneta do muíño por onde baixa o gran á moa.

Sinónimos

Confrontacións

Citas

  • Na romaría bebemos tres canadas de viño
  • No Entroido de Castro de Laza, é tradicional que os peliqueiros collan a canada e boten pingas de leite no chan, A vaca dá tan pouco leite que non enche unha canada