camareiro -ra

Plural: camareiros Masculino: camareiro Masculino plural: camareiros Feminino: camareira Feminino plural: camareiras
    1. s Profesional que nun establecemento hostaleiro atende aos consumidores.
    2. camareiro de piso Profesional hostaleiro que limpa as dependencias de uso común en hoteis, residencias e similares.
  1. HIST
    1. s m Oficial palatino que na Idade Media estaba ao servizo da cámara real, na que se gardaba o tesouro, as xoias, os mobles e as vestimentas reais.
    2. s f Dama da alta nobreza que antigamente prestaba servizos na cámara da raíña.
  2. RELIX
    1. s m Eclesiástico encargado nos mosteiros e nas grandes igrexas do fornecemento e coidado dos vestidos para os monxes ou cóengos.
    2. s f Muller que coidaba o vestido das imaxes nunha confraría ou nunha irmandade relixiosa.